Publicacións

ANIMAIS "TERRESTRES"

Imaxe
Aquí van as producións dos nosos cativos do terceiro curso! Fixemos uns animais con materiais recliclados do máis orixinal! O enooorme crocodilo de Alexia  e o seu lindo gatiño A vaca pinta de Sabela O pingüín de Antón O porquiño de Carmen O xabaril de Sergio O tiburón de Pablo As tartarugas de Xenia e María A serpe de tapóns Carmen E...a selva de chimpancés de Kevin!!

ESQUEMA DE TRABALLO

Imaxe

PROPOSTA DE TRABALLO POR CURSOS

A idea de plantexarnos que os alimentos están vivos ten un dobre sentido. Están vivos porque son seres vivos, xa sexan animais ou plantas. Teñen vida porque cumpren as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Posto que falamos de alimentos, é dicir comida, no momento de ser inxeridos poden estar ou non vivos. Esto depende do tipo de alimento e sobre todo do ser vivo que o vai a consumir. Os animais salvaxes aliméntanse doutros animais vivos. O home acostumouse a cociñar os alimentos. A excepción son a maioría das froitas que se consumen crúas. Por outro lado no proxecto do ano anterior (17/18) fixemos que unha serie de alimentos cobrasen vida, no sentido de animalos. Tratábanse de mascotas en oito cores distintas que dotamos de vida: ollos, nariz, boca, brazos, pernas… En resumo VIDA de SER VIVO e vida de PERSONAXE ANIMADO. A pregunta de: DEIXARANSE MANIPULAR? Tamén xoga ao dobre sentido. Manipular de tocar, coller, cortar… e manipular de deixarse convencer para